Para instalacions de enerxías renovables

O IDAE mantén programas de financiamento a empresas de servizos enerxéticos, para que estas leven a cabo en empresas, ou no ámbito doméstico, proxectos de aplicación de enerxías renovables de uso térmico. Esta fórmula facilita a realización dos proxectos xa que implica que o usuario non terá que facer o desembolso inicial do investimento, que corre a cargo da empresa de servizos enerxéticos que conta co financiamento do IDAE.