Inicio · Conozcanos · Proyectos de Excelencia · Cualificación enerxética de tractores agrícolas

Cualificación enerxética de tractores agrícolas

Proxecto de excelencia. Asistencia Técnica e Xestión de Programas Públicos

Descrición do proxecto

Deseño dunha metodoloxía que permite á Estación de Mecánica Agrícola (EMA) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, clasificar os tractores que se comercializan en España en función da súa eficiencia enerxética, con base nos seus niveis de potencia mecánica e consumo de combustible.

A cualificación, desenvolvida por un equipo de profesores das Escolas Técnicas Superiores de Enxeñeiros Agrónomos e Industriais de Madrid, articulou, desde 2007, as subvencións do Ministerio aos agricultores que se acolleron ao plan RENOVE de tractores en razón á súa cualificación enerxética A ou B, cunha axuda respectiva de 30 euros/CV ou 10 euros/CV, ou en 2014 a través do Plan de Impulso ao Medio Ambiente para a renovación de tractores agrícolas «PIMA Terra» cunhas axudas que se poderán incrementar atendendo á clasificación da eficiencia enerxética do novo tractor, en 2000 € para a clase A e 1000 € para a clase B.

 

Resultados

O deseño deste programa iniciouse cos datos mecánicos de 41 modelos de tractores cos que se calculou un índice de eficiencia enerxética obtido a partir dos informes realizados segundo a normativa que emprega o código 2 da OCDE.

Unha vez ensaiados e contrastados os resultados na Estación de Maquinaría Agrícola (EMA) do Ministerio de Agricultura, a metodoloxía desenvolvida ampliouse cos datos de 173 tractores e, posteriormente, en 2014, aplicouse para a etiquetaxe do conxunto dos 579 modelos de tractores comercializados en España.

Na actualidade séguense cualificando novos modelos de tractores, superando os 649 modelos, sendo a lista dinámica e actualizada pola EMA a medida que se van realizando ensaios.

Calificación energética de tractores agrícolas.
Maquinaria agrícola