Inicio · Tecnologias · Eficiencia Energetica · Agricultura e Pesca

Agricultura e Pesca

AGRICULTURA

O IDAE traballa para implementar medidas de eficiencia enerxética a fin de reducir os impactos negativos que o aumento do consumo da enerxía (custos e emisións) ten na actividade agrícola. Con este fin, trata de implantar unha serie de accións chave que poidan ter un impacto directo e significativo nos índices enerxéticos do sector.

Estas accións son:

  1. Desenvolvemento de mecanismos de formación e información en eficiencia enerxética.
  2. Execución dun plan de modernización do parque nacional de tractores agrícolas que inclúa criterios de eficiencia enerxética.
  3. Posta en funcionamento dun conxunto de iniciativas normativas que favorezan a implantación ou substitución de sistemas de rega por outros máis eficientes.

PESCA

O IDAE presta apoio técnico e económico ao proxecto Peixe Verde.

O propósito final deste proxecto é que a pesca incorpore no seu desenvolvemento e xestión criterios de eficiencia enerxética como criterio básico para a súa viabilidade, reducir emisións contaminantes e mellorar a súa competitividade.