Inicio · Tecnologias · Eficiencia Energetica · Edificación · Domótica

Domótica

A domótica é a automatización e control aplicados á vivenda que se realiza mediante equipos que dispoñen de capacidade para comunicarse interactivamente entre si, e con capacidade de seguir as instrucións dun algoritmo ou programa previamente establecido polo usuario da vivenda e con posibilidades de cambio segundo os seus intereses. Como consecuencia, a domótica permite unha maior calidade de vida, reduce o traballo doméstico, aumenta o benestar e a seguranza, e racionaliza o consumo de enerxía.

Mediante a incorporación de sistemas domóticos no fogar, pódese xestionar intelixentemente a iluminación, climatización, auga quente sanitaria, a rega, os electrodomésticos, etc. aproveitando mellor os recursos naturais, utilizando as tarifas horarias de menor custo, permitindo, desta maneira, reducir a factura enerxética mentres se gaña en confort e seguridade.

A Asociación Española de Domótica (CEDOM), en colaboración co IDAE, elaborou a guía “Como aforrar enerxía instalando domótica na súa vivenda. Gañe en confort e seguridade”. Está dirixida ao cidadán para dar a coñecer a contribución da domótica ao aforro de enerxía e fomentar o consumo responsable da mesma.

Doutra banda, o IDAE vai formalizar un convenio coas asociacións DOMOTYS e SECARTYS para a realización de varias actividades de común interese na área da eficiencia enerxética.