Inicio · Tecnologias · Eficiencia Energetica · Edificación · Material eléctrico

Material eléctrico

O sector de material eléctrico está formado por :cables, contadores, aparellaxe industrial, caixas e envolventes, pequenos transformadores, dispositivos de conexión, dispositivos de protección para uso doméstico, domótica e inmótica, iluminación, interruptores para uso doméstico, bases de toma de corrente e cavillas domésticas e industriais. Todos estes produtos achegan seguridade no uso da enerxía e teñen unha incidencia directa sobre a eficiencia enerxética das instalacións eléctricas para baixa tensión.

O libro “Contribución do material eléctrico á eficiencia enerxética das instalacións” pretende dar a coñecer como o material eléctrico pode mellorar a eficiencia enerxética das instalacións mediante todas as solucións de material eléctrico actualmente dispoñibles no mercado.

A Guía elaborada pola Asociación de Fabricantes de Material Eléctrico (AFME) está dirixida aos seguintes colectivos, co fin que coas súas accións e decisións promocionen a eficiencia enerxética das instalacións desde o punto de vista do material eléctrico:

Enxeñarías, arquitecturas, empresas de servizos enerxéticos (ESE) e Administración no seu papel de prescriptores das instalacións.

Distribuidores de material eléctrico

Instaladores e mantedores eléctricos 

Propietarios, arrendatarios e explotadores de edificios.