Inicio · Tecnologias · Eficiencia Energetica · Edificación · Repartidores de custo de calefacción

Repartidores de custo de calefacción

Son sistemas que teñen como función a repartición individual dos consumos en instalacións colectivas de calefacción. Son uns pequenos aparellos que se colocan en cada radiador e recollen certos parámetros que cada certo tempo transforma en consumos reais, en termos de enerxía ou económicos.

Hai que destacar que segundo o Real Decreto 1027/2007, polo que se proba o regulamento RITE e a Directiva 93/76, entre outras disposicións, os repartidores de custo de calefacción, contadores individuais e outros aparellos con similar labor, en instalacións comunitarias de calefacción ou ACS, son considerados medidas de aforro e eficiencia enerxética para os efectos do artigo 17.3 da Lei de Propiedade Horizontal. A súa instalación voluntaria pola comunidade de veciños, require o voto favorable do tres quintas partes dos propietarios.

Poden ir complementados con válvulas termostáticas que permiten unha mellor regulación do radiador e unha redución do consumo enerxético.