Inicio · Tecnologias · Eficiencia Energetica · Transformación da Enerxía

Transformación da Enerxía

O sector da Transformación da Enerxía abarca todas aquelas actividades consistentes na conversión de enerxía primaria en enerxía final, apta para o seu uso nos sectores consumidores finais. Dentro destas actividades inclúense os sectores de refino de petróleo, xeración eléctrica e coxeración.

A actividade do IDAE dentro do sector da Transformación da Enerxía centrouse basicamente no fomento da tecnoloxía da coxeración en España. participando activamente no desenvolvemento desta tecnoloxía eficiente mediante o financiamento, a través de UTEs e AIEs, de distintas tipoloxías de proxectos en practicamente a totalidade dos sectores industriais e tamén nos sectores terciario e residencial.

A coxeración defínese como a produción conxunta, nun proceso secuencial, de enerxía mecánica e/ou eléctrica e enerxía térmica útil.

Como asistencia técnica á Secretaría de Estado de Enerxía do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, o IDAE colabora na elaboración da lexislación aplicable así como no cumprimento de determinadas obrigacións impostas por Directivas Europeas ás instalacións de coxeración.