Inicio · Tecnologias · Eficiencia Energetica · Transporte

Transporte

O transporte é o sector que máis enerxía consome en España, alcanzando un 40% do total nacional

O transporte é o sector que máis enerxía consome en España, alcanzando un 40% do total nacional. Cabe resaltar neste sentido que, soamente o vehículo turismo representa aproximadamente o 15% de toda a enerxía final consumida en España.

A mellora da eficiencia enerxética no transporte fundaméntase en tres grandes bloques de medidas:

Medidas de fomento do cambio modal: principalmente desde o transporte motorizado individual cara a modos máis sustentables: camiñar, bicicleta e transporte colectivo. Neste apartado enmárcanse como actuacións principais a promoción dos plans de mobilidade urbana sustentable (no ámbito urbano e metropolitano), os plans de transporte ao traballo (no ámbito laboral), a promoción de sistemas de bicicleta pública e os proxectos piloto de implantación de lanzadeiras e servizos específicos de transporte colectivo. 

Medidas de fomento da renovación de frotas de transporte: promoción da substitución de tecnoloxías convencionais de automoción por vehículos, con tecnoloxías e/ou combustibles alternativos, máis eficientes: vehículos híbridos, eléctricos, de gas natural e de gases licuados do petróleo. Tamén se promove a compra de vehículos convencionais eficientes: clase A (Base de datos de consumos e emisións de vehículos novos á venda en España).

Medidas de fomento do uso racional dos medios de transporte: aplicación de técnicas de condución eficiente aos distintos medios de transporte, xestión eficiente das frotas de transporte e promoción de viaxes compartidas en coche (car-pooling) e do uso de clubs de coches (car-sharing).

O IDAE, así mesmo, participa activamente en asociacións, foros e grupos de traballo do sector no ámbito nacional, promovendo iniciativas e achegando a súa visión e apoio institucional ás actuacións que se impulsan neles. 

Ademais, o IDAE participa en proxectos e actividades no ámbito internacional, relacionadas coa eficiencia enerxética no sector do transporte, entre as que se atopan:

Grupo de traballo EnR Transporte (Asociación Europea de Axencias de Enerxía)

Implementing Agreement da AIE para a implementación do vehículo híbrido e eléctrico (IA-HEV)

Implementing Agreement da AIE para a implementación de combustibles alternativos (IA-AMF Advanced Motor Fuels). 

Colaboración co MINETUR na iniciativa gobernamental de promoción do vehículo eléctrico “Electric Vehicle Initiative (EVI)”.

Máis información Departamento de Transporte do IDAE