Inicio · Tecnologias · Energias Renovables · Uso eléctrico · Solar Fotovoltaica

Solar Fotovoltaica

A enerxía solar fotovoltaica aproveita a radiación solar transformándoa directamente en enerxía eléctrica mediante o efecto fotovoltaico, que consiste na emisión de electróns por un material cando o iluminamos con radiación electromagnética (neste caso, radiación solar).

Existen distintas tecnoloxías fotovoltaicas (fixas, seguimento solar a un eixo e seguimento solar a dous eixos) pero a maioría están baseadas no silicio.

As instalacións solares fotovoltaicas poden ser basicamente de dous tipos: instalacións illadas ––orientadas fundamentalmente a aplicacións de bombeo, sinalización, comunicacións e electrificación rural–– e instalacións conectadas a rede ––orientadas á venda de enerxía eléctrica e autoconsumo––.

As posibilidades de aplicación da enerxía solar fotovoltaica son inmensas e abarcan desde as aplicacións máis sinxelas ––como calculadoras e reloxos solares–– ás máis complexas ––como grandes plantas de xeración eléctrica ou sistemas de alimentación para satélites artificiais––.

Vista desde abajo de una pérgola solar fotovoltaica sobre un cielo azul