Inicio · Tecnologias · Energias Renovables · Uso térmico · Biomasa · Estudo seguimento do mercado da biomasa en España

Estudo seguimento do mercado da biomasa en España

Aínda que sempre se utilizou biomasa, ata datas recentes, as particularidades do mercado da biomasa facían que non houbese unhas referencias de prezos claras. Isto provocaba algunha incerteza entre os potenciais usuarios, e supuña ademais unha dificultade engadida á hora de actualizar os prezos nos contratos entre os usuarios e as empresas de servizos enerxéticos que traballaban con biomasa.

Por iso, desde mediados do ano 2014, realízase o seguimento de prezos do mercado da biomasa en España. Supón a posta en práctica dunha metodoloxía baseada en enquisas a diversos axentes do sector, asociada ao establecemento de filtros de natureza editorial e de natureza estatística que permitirán determinar de forma periódica o prezo das distintas biomasas utilizadas en España.

No marco deste traballo, realizáronse informes trimestrais sobre os prezos da biomasa e comparativas trimestrais dos resultados obtidos con outros índices similares a nivel nacional e internacional. Un resumo dos resultados obtidos en canto aos prezos da biomasa pode ser consultado en Estudos, informes e estatísticas, apartado “Prezos enerxéticos” da web do IDAE.