Inicio · Tecnologias · Energias Renovables · Uso térmico · Biomasa · Redes de calor

Redes de calor

Son sistemas centralizados de xeración térmica que mediante un sistema de redes que transportan fluídos térmicos permiten a satisfacción da demanda de calefacción e auga quente sanitaria en vivendas unifamiliares, comunidades de veciños e outros edificios privados e públicos, como bibliotecas, hospitais ou polideportivos, así como en industrias.

É unha forma máis eficiente de aproveitar a calor xerada se a comparamos coas solucións individuais, porque permite encaixar dunha forma óptima o binomio xeración-demanda e tamén se beneficia do efecto das economías de escala. É unha solución que conta cun alto grao de implantación en países do centro e norte de Europa, e que aos poucos se vai abrindo paso como unha alternativa enerxética rendible e sustentable para os usuarios españois.

A pesar de que aínda existe moito potencial por explotar en España, comeza xa a haber exemplos moi relevantes, como son as redes de calor con biomasa, xa en funcionamento en Soria, Valladolid e Ólvega, e a rede actualmente en construción en Móstoles. O deseño e tamaño das redes varía amplamente, podendo adaptarse tanto a pequenos municipios como a grandes cidades.