Inicio · Tecnologias · Energias Renovables · Uso térmico · Residuos

Residuos

A valorización enerxética dos residuos domésticos e industriais supón un elemento chave nas políticas de xestión de residuos

O contido biodegradable dos residuos domésticos e o existente nalgúns residuos industriais constitúen unha fonte renovable de enerxía segundo a Directiva 2009/28/CE, e contribúen por iso á consecución dos obxectivos de participación das enerxías renovables no mix enerxético nacional.

A valorización enerxética dos residuos domésticos e industriais supón un elemento chave nas políticas de xestión de residuos da maior parte de países europeos. Respectando a xerarquía de xestión de residuos establecida na Directiva 2009/28, que fai prevalecer a prevención, preparación para a reutilización e reciclado fronte aos procesos de valorización, ningún país europeo consegue relegar á insignificancia o vertedoiro (que é o nivel máis baixo da xerarquía de xestión, por baixo da valorización) sen recorrer a porcentaxes de valorización enerxética que oscilan entre o 30% e o 50%.

 

Lexislación

Lei 22/2011, de residuos e solos contaminados 

Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR) 2016-2022 

Real Decreto 815/2013 polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais