No frost
    Sistema empregado nalgúns frigoríficos e conxeladores para evita-la xeración de “carambelo” nas paredes interiores do mesmo, de maneira que se produce un pequeno consumo eléctrico adicional para quita-la humidade do aire que entra no aparello, por condensación. Este carambelo pode chegar a formar unha capa grosa que funciona como illante e diminúe a eficiencia enerxética. Os fabricantes conclúen que o balance enerxético resultante é beneficioso.