Buscador de contidos de Nombre de la empresa

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate
A +    A -   

Solar Termoeléctrica

A enerxía solar termoeléctrica clasifícase en sistemas de media temperatura e sistemas de alta temperatura. As centrais de media temperatura máis desenvolvidas actualmente corresponden a centrais con colectores cilindroparabólicos. Os aproveitamentos de alta temperatura realízanse mediante centrais de torre e centrais de xeradores discoparabólicos.

Centrais de Colectores Cilindroparabólicos (Media Temperatura).

Están formadas por colectores de espello que reflicten a radiación sobre un tubo situado na liña focal, o cal contén o absorbente e o fluído caloportador. O fluído é quentado ata 400 ºC, con relacións de concentración solar de entre 15 e 50, producindo vapor sobrequentado que alimenta unha turbina convencional que xera electricidade. Cómpre dispor dun sistema de seguimento solar.

Centrais de Torre (Alta Temperatura).

Formadas por un campo de helióstatos que reflicten a radiación sobre un intercambiador de calor situado na parte posterior dunha torre central. Acádanse temperaturas de 600 ºC.

Xeradores Solares Disco-Parabólicos (Alta Temperatura).

Consisten nun conxunto de espellos que forman unha figura disco-parabólica en cuxo foco se dispón o receptor solar no que se quenta o fluído. O fluído é quentado ata 750 ºC, e para xerar electricidade, actualmente empréganse motores Stirling ou turbinas Brayton.

Comparativa das diferentes tecnoloxías



A enerxía solar termoeléctrica clasifícase en sistemas de media temperatura e sistemas de alta temperatura


RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital