Buscador de contidos de IDAE

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate
A +    A -   

Iluminación eficiente en edificios

Requisitos mínimos de eficiencia enerxética en iluminación interior

A sección HE-3 do Código Técnico da Edificación establece como esixencia básica que os edificios, tanto os novos como os que se reformen, dispoñan de instalacións de iluminación adaptadas ás necesidades dos seus usuarios e á vez eficaces enerxeticamente. Para isto a eficiencia enerxética do sistema de iluminación non deberá superar un valor límite e deberá contar cun sistema de control que permita axustar o aceso á ocupación real da zona, así como un sistema de regulación que optimice o aproveitamento da luz natural.

Coñeza os requisitos mínimos de eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior dos edificios que fixa a sección HE-3 do Código Técnico da Edificación e o Documento básico de aforro de enerxía.


Aproveitamento da luz natural en iluminación. Guía técnica para o aproveitamento da luz natural na iluminación de edificios.

O Código Técnico da Edificación fai obrigatorio o aproveitamento da luz natural mediante a instalación e utilización de sistemas de control e regulación naquelas zonas nas que a achega de luz natural así o permita. Por esta razón, o que antes era exclusivamente unha elección do proxectista é agora unha obriga normativa. Como algúns destes sistemas son relativamente novos e se descoñecen moitos aspectos da súa posta en práctica e prestacións, esta guía non só pretende orientar en todo o que atinxe á súa elección e deseño, senón tamén á súa xestión e mantemento.

Ademais, proporciónase información sobre casos prácticos e experiencias extraídas do uso de sistemas de control e xestión da iluminación artificial e natural conxuntamente, en distintos edificios, así como o aforro enerxético obtido.


Eficiencia enerxética en iluminación de oficinas, centros docentes e hospitais.
Guías técnicas de eficiencia enerxética en iluminación de oficinas, centros docentes e hospitais.

O obxectivo destas guías é establecer unha serie de pautas e recomendacións aos proxectistas das instalacións de iluminación de oficinas, centros docentes, hospitais e centros de atención primaria, coa finalidade de:

Cumprir coas recomendacións de calidade e confort visual.

Crear ambientes agradables e confortables para os usuarios das instalacións.

Racionalizar o uso da enerxía con instalacións de maior eficiencia enerxética.

Ligazóns externas de interese:

Comisión Europea. Lámpadas de baixo consumo. Esta web informa a consumidores, profesionais e medios de comunicación sobre o amplo abano de lámpadas de baixo consumo existentes, a retirada progresiva das lámpadas de alto consumo e a normativa europea vixente.

Todos os edificios deben dispor de instalacións de iluminación adaptadas ás necesidades dos seus usuarios e á vez eficaces enerxeticamente


RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital