Buscador de contidos de IDAE

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate

Sectores relacionados co Plan de Acción

Acceda ás medidas do Plan de Acción para cada sector a través das seguintes ligazóns:

Industria

Transporte

Edificación

Servizos Públicos

Equipamento residencial e ofimático

Agricultura e pesca

Transformación da Enerxía


O PAE4+ está conformado por unha serie de medidas concretas que cobren especificamente os sete factores desagregados: Industria, Transporte e Usos Diversos subdivididos en: Edificación, Equipamento doméstico e Ofimática, Agricultura e Pesca e Servizos Públicos, incidindo ademais no sector Transformación da enerxía (Refinado, Produción eléctrica incluíndo transporte e distribución). Para activar o cambio que necesitan os sectores e subsectores deséñanse medidas específicas e xerais, adscritas en eixes estratéxicos (por exemplo, o Plan de medidas de AEE en edificios da Administración) e dirixidos cara ó obxectivo enerxético.

Deste xeito, identificáronse 59 accións das cales 36 delas actúan a través de incentivos económicos, 3 se refiren a promoción de iniciativas nas que se inclúe como tal un plan xeral de comunicación; 4 medidas dirixidas a formación de usuarios e axentes do mercado. Ademais, dentro dalgunhas medidas desenvolveranse ata 16 actuacións de carácter lexislativo que proxectan o seu alcance temporal máis aló do Plan. Este marco de medidas está cuantificado en recursos económicos, públicos e privados, con identificación dos axentes participantes. Así pois, o Plan está dentro dun marco estratéxico máis amplo, cuxo deseño está perfilado e concretado nas medidas a levar a cabo en 2008-2012.

O IDAE ten múltiples actuacións nos sectores nos que se centra o Plan de Acción: liñas editoriais para o sector agrícola, cursos en liña para dar a coñecer a etiqueta enerxética dos electrodomésticos, campañas de comunicación, cursos de condución eficiente e económica, bases de datos de automóbiles, e un longo etcétera.



Vista frontal desde embaixo dunha estrutura metálica sobre ceo azul




RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital