Buscador de contidos de IDAE

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate
A +    A -   

Programa GIT

Programa GIT. Financiamento a empresas habilitadas de Grandes Instalacións Térmicas a partir de fontes renovables en edificación

Segundo a publicación no BOE da Resolución da Presidencia do IDAE o 26 de abril de 2011, establécese a convocatoria e as bases correspondentes para a habilitación de empresas no Programa GIT de enerxías renovables biomasa, solar e xeotermia para usos térmicos en edificación.

O lanzamento deste programa de financiamento responde á necesidade de impulsar a execución de grandes instalacións de produción de enerxía térmica na edificación a partir do aproveitamento das enerxías renovables biomasa, solar térmica e xeotermia.


Esta nova liña de pulo está destinada a aqueles proxectos que, polo seu tamaño e complexidade, quedaban fóra dos límites establecidos nas convocatorias dos programas BIOMCASA, SOLCASA e GEOTCASA. Establécese un sistema de financiamento de grandes instalacións nestas áreas que pretende continuar co decidido pulo do modelo de servizos enerxéticos, que garanta unha oferta de calidade adaptada ás necesidades dos usuarios de auga quente e climatización en edificación; todo isto no marco do Plan de enerxías renovables en España 2005-2010.

Para o arranque do programa o IDAE achegou un orzamento de 17 000 000 € para o financiamento dos proxectos presentados polas ESE (Empresas de Servizos Enerxéticos) habilitadas para a execución de grandes proxectos que cumpran os requisitos do programa.

Listaxe de empresas habilitadas

Logotipo de Facebook



O límite máximo de financiamento por proxecto será do 80 % do valor do investimento elixible (o destinado á xeración térmica), cun límite máximo absoluto de financiamento por proxecto individual de 3 000 000 € (desde 250 000 € para proxectos SOLCASA GIT e desde 350 000 € para proxectos en BIOMCASA e GEOTCASA GIT).

A presentación de solicitudes de habilitación efectuarase segundo as bases e o modelo de solicitude que poden atopar nesta páxina como documentos adxuntos.





RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital