Buscador de contidos de IDAE

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate

Eólica de pequena potencia


Os parques eólicos de gran potencia son fundamentais para aumentar a contribución da enerxía de orixe renovable no sistema eléctrico nacional. Non obstante, en España aínda non se aproveita a capacidade da tecnoloxía eólica para aportar enerxía renovable de forma distribuída mediante a súa integración en zonas urbanas, semi-urbanas, industriais e agrícolas e especialmente asociada a puntos de consumo da rede de distribución.

As instalacións eólicas de pequena potencia presentan unhas características propias, que as dotan dunha serie de avantaxes adicionais con respecto ás instalacións de gran potencia. Por exemplo, unha maior eficiencia potencial global debido ás perdas evitadas nas redes de transporte e distribución ou a integración de xeración eléctrica renovable sen necesidade de crear novas infraestruturas eléctricas. Ademais, poden fomentar a implicación cidadá na mellora da eficiencia enerxética, o autoabastecemento enerxético e a loita contra o cambio climático. A continuación, cítanse as máis significativas:

Xeración de enerxía próxima aos puntos de consumo.

Versatilidade de aplicacións e situacións ligada ao autoconsumo, con posibilidade de integración en sistemas híbridos.

Accesibilidade tecnolóxica para o usuario final, facilidade de transporte de equipamentos e montaxe.

Funcionamento con ventos moderados, sen requirir complexos estudos de viabilidade.

Aproveitamento de pequenos emprazamentos ou de terreos con orografías complexas.

Subministración de electricidade en lugares illados e afastados da rede eléctrica.

Optimización do aproveitamento das infraestruturas eléctricas de distribución existentes.

Baixo custo de operación e mantemento e elevada fiabilidade.

Reducido impacto ambiental e visual por menor tamaño e pola súa integración en zonas con actividade humana.

Tecnicamente, estas aeroturbinas teñen unha estrutura similar á das grandes, pero o seu deseño é moito más simple (sistemas de orientación pasivos, xeradores eléctricos robustos de baixo mantemento, ausencia de multiplicadores...). O seu funcionamento é sinxelo e en xeral estas pequenas instalacións poden ser atendidas polos propios usuarios.

Na actualidade en España, os pequenos aeroxeradores son sobre todo utilizados para o autoconsumo de edificacións illadas. Ademais, adoitan ir acompañados de paneis solares fotovoltaicos que forman parte de pequenos sistemas híbridos que, por medio da combinación da enerxía do sol e do vento, permiten garantir a subministración eléctrica. Estes sistemas, bastante fiables, inclúen unhas baterías onde se almacena a enerxía sobrante para os días sen vento nin sol.

Outra posibilidade consiste en utilizar estas máquinas para producir enerxía e vertela á rede eléctrica. Esta opción aínda está moi pouco desenvolta en España, aínda que isto podería cambiar nesta década cunhas condicións máis favorables.


As instalacións eólicas de pequena potencia presentan unhas características propias, que as dotan dunha serie de avantaxes adicionais con respecto ás instalacións eólicas de gran potencia.


RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital