Buscador de contidos de Nome da empresa

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate

Eólica mariña

As instalacións eólicas mariñas presentan características diferenciadas vantaxosas en comparación coas instalacións en terra, principalmente:

O recurso eólico existente no mar é superior ao das costas próximas.

Pola súa situación en alta mar, o impacto visual e acústico é menor que o dos parques eólicos en terra, o que permite un maior aproveitamento do recurso eólico existente, con máquinas máis grandes e a utilización de xeometrías de pa máis eficaces. Así mesmo, a menor rugosidade superficial no mar favorece a utilización de torres máis pequenas.

Supón unha maior creación de emprego nas fases de construción, montaxe e mantemento, debido á maior complexidade durante a instalación e a explotación.

Posibilidade de integración en complexos mariños mixtos.

Con todo, estas instalacións mariñas teñen tamén importantes desvantaxes con respecto ás terrestres, que están limitando o seu desenvolvemento: a inexistencia de infraestruturas eléctricas, unhas condicións ambientais máis severas, unha avaliación máis complexa e cara do recurso eólico e, sobre todo, os seus ratios de investimento e gastos de explotación maiores, que precisan tecnoloxías específicas para a construción, as cimentacións, o transporte, o montaxe en alta mar, a creación de redes eléctricas submarinas e as tarefas de operación e mantemento.

A potencia unitaria dos aeroxeradores no mar é superior á das turbinas en terra. Aínda que na actualidade non existe ningunha instalación eólica no litoral español, é probable que os primeiros aeroxeradores localizados no noso litoral durante esta década superen os 4 MW, permitindo un mellor aproveitamento dos emprazamentos.

A profundidade media dos parques eólicos mariños existentes no mundo a finais de 2010 (practicamente todos nos mares do norte de Europa) é inferior aos 20 m. Con carácter excepcional, algún parque comercial puntual supera lixeiramente a profundidade de 50 m, que pode considerarse como o límite batimétrico para a tecnoloxía actual e para case a totalidade dos parques eólicos comerciais que se poñan en España ata o ano 2020.

Posiblemente, o maior desafío das instalacións en alta mar segue sendo a redución dos custos das cimentacións, das que existen distintas variantes: monopilotaxe, trípode, de gravidade e flotante. As de monopilotaxe son as máis utilizadas para augas de profundidade media (ata 25 metros), as de gravidade para profundidades pequenas (de menos de 5 metros) e as de trípode para maiores profundidades (ata 50 metros). Pola súa banda, a viabilidade comercial das plataformas flotantes para a implantación de aeroxeradores en augas profundas é aínda unha incógnita, a pesar de que xa existe algunha instalación experimental que demostrou a súa viabilidade técnica.



As instalacións eólicas mariñas presentan características diferenciadas vantaxosas en comparación coas instalacións en terra


RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital