Buscador de contidos de IDAE

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate

Iluminación exterior

A iluminación exterior e a eficiencia enerxética

A iluminación exterior inclúe toda instalación de iluminación de titularidade pública ou privada que posúe un fluxo luminoso que se proxecta sobre un espazo aberto (estrada, rúa, parque, ornamental, etc.) Estas instalacións totalizan uns 8044680 puntos de luz que, cunha potencia media de 161 W e 4100 horas de utilización anual, representaron un consumo de electricidade de 5247 GWh/ano para o conxunto de España. (Ver documento adjunto relativo al inventario, consumo y potencial de ahorro del alumbrado exterior municipal en España)



Alumbrado exterior. Vista desde abajo de un edificio y una farola

O número de instalacións así como o seu consumo eléctrico medrou coligado ao desenvolvemento urbanístico dos nosos municipios; con todo, nestes momentos as instalacións de iluminación exterior están experimentando avances tecnolóxicos e lexislativos que marcarán un punto de inflexión na tendencia do seu consumo. Así, a promulgación do Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior (RD 1890/2008), xunto coa irrupción da tecnoloxía LED e a admisión da contratación de empresas de servizos enerxéticos polas administracións públicas, son logros xurdidos nestes últimos anos que cambiarán previsiblemente as instalacións que hoxe coñecemos para a iluminación dos nosos municipios e estradas.

A experiencia piloto levada a cabo polo IDAE nos concellos de Alcorcón e Soto del Real  ara adecuar as súas instalacións de iluminación exterior aos preceptos do REEIAE a través das Empresas de Servizos Enerxéticos (ESE) permitiu pór de manifesto o elevado potencial de aforro no consumo eléctrico deste tipo de instalación. Sendo os principais campos de actuación a redución duns elevados niveis de iluminación, máxime en altas horas da noite, a mellora da calidade das luminarias existentes por outras máis eficientes e que reduzan a súa emisión de luz a outros espazos alleos ao obxecto da iluminación (contaminación lumínica) e a implantación de sistemas de regulación e control de acesos e apagados da instalación e para a redución do seu fluxo en horarios de madrugada. Ademais, este potencial de aforro en termos económicos permite, na maioría dos casos, efectuar as inversións cun período de retorno simple inferior aos seis anos, o que resulta idóneo para o negocio das ESE.

 

O modelo Alcorcón: adecuación da iluminación exterior do municipio aos preceptos do REEIAE a través dunha ESE.

O Concello de Alcorcón convocou en setembro de 2010 un concurso mixto de subministración e servizos para a xestión, condución, mantemento e conservación integral das súas instalacións de iluminación exterior, por importe de 1 580 000 euros anuais (IVE incluído), á baixa e por un período fixo de dez anos, dirixido a empresas de servizos enerxéticos.

Ao mesmo tempo, a empresa adxudicataria, á súa conta e risco, debía adecuar as instalacións da iluminación exterior de titularidade do concello en todo o ámbito do seu termo municipal ás prescricións do Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior, en base á auditoría realizada previamente polo IDAE e o Comité Español de Iluminación (CEI). Para isto, cada empresa concursante debía presentar na súa oferta un plan de melloras (P4) coa descrición dos investimentos que se compromete a acometer no municipio e co compromiso de amortizar as mesmas á súa conta e risco no período establecido de dez anos.
Os pregos do concurso establecían que:

  1. O concello cede o uso e explotación das súas instalacións de iluminación exterior a unha ESE o tempo necesario e suficiente para que esta poida acometer o seu plan de melloras (adecuación das instalacións de iluminación ao REEIAE) e amortizalo cos aforros. Este período do concurso foi establecido para o caso de Alcorcón en dez anos como resultado da estimación dun prazo para a execución das obras de reforma de dous anos, outro para amortizar as mesmas de seis anos e unha última marxe de seguridade de dous anos, aínda que na realidade estes se solapen. 
  2. Esta cesión de uso durante o tempo leva implícita a condución e conservación integral das instalacións de iluminación por parte da ESE.
  3. En contrapartida, durante ese tempo o concello abonará á ESE os custos que representaron ata ese momento o seu servizo de iluminación: o custo do consumo eléctrico, valorado en 1 000 000 €/a e o das operacións de xestión, mantemento e conservación das instalacións, valorado en 42 €/PL ano, é dicir, 580 000 €/a, o que para o caso de Alcorcón supuxo un orzamento máximo do contrato de 1 580 000 euros anuais.
    A adxudicación recaeu en xaneiro de 2011 na empresa ETRALUX que propuxo a seguinte oferta económica:
    a) Pola xestión, subministración de enerxía, mantemento e conservación: 1 500 993,49 euros/a (baixa do 5%) durante os dez anos de vixencia do contrato. Con esta contía, ETRALUX faise cargo dos custos de electricidade das instalacións da iluminación exterior do municipio Alcorcón e da súa xestión, mantemento e conservación.
    b) Segundo as bases do concurso, e á súa conta e risco, ETRALUX presentou na súa oferta un plan de melloras e renovación das instalacións de iluminación exterior por importe de 3 039 397,18 € (IVE non incluído).
    O alcance deste plan de melloras e renovación das instalacións (P4) presentado pola empresa adxudicataria, á súa conta e risco, comprende as seguintes actuacións:
    Substitución de luminarias e lámpadas: subsituiranse as luminarias dos distintos puntos de luz, incluídos os actuais globos, así como as súas lámpadas, por outros equipos máis eficientes e axeitados aos niveis de luz establecidos nos preceptos do regulamento.
    Implantación de equipos de regulación: instalación de controladores de regulación en continuo e autónomos, con prestacións de balastro electrónico e que dispoñen da capacidade de regular individualmente cada punto de luz da instalación de iluminación.
    Implantación dun sistema de telexestión dos cadros eléctricos. A actuación implica a instalación de equipos de control en cada un dos 169 centros de mando existentes e a implantación dun software de telexestión nun centro de control.
    Implantación, a modo de experiencia e para valoración dos cidadáns, dun sistema de iluminación LED nunha praza determinada do municipio.
    A empresa espera obter, unha vez executadas as inversións e coas melloras na xestión da instalación, uns aforros de 550 000 € anuais.

Soto del Real. Proyecto de reforma total de la instalación de alumbrado exterior del municipio por una nueva instalación Todo LED. Pliego del Concurso de Colaboración Público Privado para la adecuación de las instalaciones de alumbrado exterior del municipio de Soto del Real a los preceptos del reglamento de eficiencia energética en instalaciones de alumbrado exterior RD 1890/2008. Artículo "Reforma y gestión integral del alumbrado exterior del municipio de Soto del Real a través de una ESE" (Describe todo el proceso del concurso de una ESE hasta su contratación). Imágenes Soto del Real: antes y después

Ligazóns de interese

Comité Español de Iluminación, CEI 

 





RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital