Buscador de contidos de Nome da empresa

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate

Plan de Acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España

O Consello de Ministros aproba o 20 de xullo de 2007 o Plan de acción, para o período 2008-2012, da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España 2004-2012.

O plan xerará un aforro de 87,9 millóns de toneladas equivalentes de petróleo (o equivalente ao 60% do consumo de enerxía primaria en España durante 2006) e permitirá unha redución das emisións de CO2 á atmosfera de 238 millóns de toneladas.

Concentra os seus esforzos en sete sectores (a industria, o transporte, a edificación, os servizos públicos, o equipamento residencial e ofimático, a agricultura e a transformación da enerxía) e especifica medidas concretas para cada un deles.

As administracións públicas achegan un total de recursos ao plan de 2367 millóns de euros, un 20,2% máis do sinalado na E4 (Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España) para o período 2008-2012.

Identifícanse 59 accións: trinta e seis destas articúlanse a través de incentivos económicos, tres refírense á promoción de iniciativas nas que se inclúe un plan xeral de comunicación e catro medidas están dirixidas á formación dos usuarios e axentes do mercado. Ademais, dentro dalgunhas medidas desenvolveranse ata dezaseis actuacións de carácter lexislativo.

Con este plan de acción, o Goberno consolida o esforzo levado a cabo no Plan de acción 2005-2007 e reforza as medidas que demostraron excelentes resultados na mellora da eficiencia enerxética.

Obxectivos estratéxicos:
Recoñecer no aforro e na eficiencia enerxética un instrumento do crecemento económico e do benestar social.
Conformar as condicións adecuadas para que se estenda e se desenvolva na sociedade o coñecemento sobre o aforro e a eficiencia enerxética en todas as estratexias nacionais e especialmente a Estratexia española de cambio climático.
Fomentar a competencia no mercado baixo o principio reitor do aforro e da eficiencia enerxética.
Consolidar a posición de España na vangarda do aforro e da eficiencia enerxética.


O presente PAE4+ integrarase no Plan de acción de eficiencia enerxética a nivel comunitario contribuíndo deste xeito a dar unha resposta desde España non só á consecución do compromiso establecido na Directiva 2006/32 CE , que define un marco de esforzo común para conseguir un aforro enerxético dun 9% no ano 2016, senón tamén ao obxectivo moito máis ambicioso, incluído na decisión do Consello europeo do nove de marzo de 2007: acadar niveis de aforro do 20% no horizonte de 2020.

Plan de Aforro de Enerxía: 31 medidas



DOCUMENTOS ADXUNTOS (Abriranse noutra páxina)

O Plan de Acción para o período 2008-2012 (PAE4+) é a continuación no tempo do levado a cabo entre 2005 e 2007.


RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital