Buscador de contidos de IDAE

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate
A +    A -   

Financiamento por Terceiros (F.P.T.)

A maioría dos investimentos directos do IDAE realízanse baixo a filosofía contractual do denominado Financiamento por Terceiros (FPT). Antes de describir as diferentes fórmulas contractuais, cómpre, xa que logo, explicar que é a FPT e cales son as súas características fundamentais:

Representa unha solución integrada técnica e financeira para investimentos en proxectos enerxéticos: o IDAE participa na definición do proxecto, aportando a solución técnica máis axeitada a cada caso e financia total ou parcialmente o investimento do proxecto. Neste sentido, esta fórmula supón para o industrial ou destinatario final unha alternativa máis interesante respecto ós financiamentos convencionais.

O IDAE realiza directamente o investimento, polo que normalmente non se requiren desembolsos do industrial ou destinatario final do investimento: non se trata, polo tanto, dun préstamo do IDAE ó industrial, xa que os equipos son propiedade do IDAE ata que recupere o investimento. Deste xeito, con esta forma de actuación, o industrial mantén íntegra a súa capacidade de endebedamento, así como os seus propios recursos, que poderá destinar a outros fins dentro da súa empresa.

O IDAE recupera o seu investimento, incluíndo o seu beneficio, mediante os aforros enerxéticos inducidos ou pola enerxía xerada: isto supón que a amortización do investimento non representa un custo maior para o industrial, xa que a asume con parte dos aforros enerxéticos xerados a partir da entrada en funcionamento das instalacións obxecto do investimento ou pola enerxía xerada por estas.

Recuperado o investimento por parte do IDAE, a instalación pasa a ser propiedade do cliente: a partir deste momento, o usuario final benefíciase da totalidade dos aforros enerxéticos ou da enerxía xerada polas instalacións e, ademais, mellorará a súa competitividade ó dispoñer dunhas instalacións tecnolóxicamente avanzadas e, enerxeticamente, máis eficientes.

Versatilidade da FPT para adaptarse ás diferentes tipoloxías de proxectos: existen diferentes modalidades contractuais que permiten, mantendo a filosofía da FPT, desenvolver diferentes tipos de proxectos que imos ver a continuación.

MODALIDADES DE ACTUACIÓN

Mantendo as características propias da FPT anteriormente expostas (definición técnico-financeira do proxecto, adquisición dos equipos, recuperación sobre a base de aforros, traspaso ó final das instalacións ó industrial), pódense dar diferentes formas contractuais para levalo a cabo, que son... Máis información

IMPLICACIÓN DO IDAE NOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO 

O proceso que segue un proxecto tipo de FPT e a actuación do IDAE en cada unha das súas fases son os seguintes... Máis información








RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital