Buscador de contidos de IDAE

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate
A +    A -   

Financiamento de Proxecto e Arrendamento de Servizo

Trátase dun modelo de colaboración financeira polo que o IDAE, por unha parte, presta servizos de asesoramento e coordinación en tódalas fases de execución e explotación dun proxecto de investimento e, por outra, financiamento. Supón a formalización de dous contratos:

Contrato marco de cooperación y arrendamento de servizos

Contrato de financiamento de proxecto

Estes contratos van ligados e son inseparables, teñen unha natureza xurídica privada, séndolles aplicable a lexislación Civil e Mercantil.


Tipoloxía de proxectos ós que vai dirixido:

Este tipo de financiamento é aplicable a proxectos de investimento en materia de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovables, que dispoñan dunha análise previa de viabilidade técnico-económica.

 



Vantaxes do modelo proposto

Sistema aberto: o esquema contractual proposto permite a adaptación dos contratos, partindo dun modelo base, ás particularidades de cada proxecto singular.

Retribución variable: a remuneración do IDAE en función do rendemento enerxético da instalación permite modular ó promotor os custos financeiros do proxecto.

Solución integral: permite ó promotor dispor de financiamento do 100% dos custos de investimento dun proxecto enerxético (IVE e intercalarios incluídos), contando ademais co asesoramento técnico e a experiencia de IDAE no desenvolvemento deste tipo de proxectos.





RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital