Buscador de contidos de IDAE

Siguenos en Youtube
Siguenos en Vimeo
Siguenos en Twitter
Siguenos en Wordpress
Infomación IDAE
Regístrate
A +    A -   

Agricultura e Pesca

AGRICULTURA

O IDAE traballa para implantar medidas de eficiencia enerxética co fin de reducir os impactos negativos que o aumento do consumo da enerxía (custos e emisións) ten na actividade agrícola. Con este fin, trata de implantar unha serie de accións claves que poidan ter un impacto directo e significativo nos índices enerxéticos do sector.

Estas accións son:

  1. Desenvolvemento de mecanismos de formación e información en eficiencia enerxética.
  2. Execución dun plan de modernización do parque nacional de tractores agrícolas que inclúa criterios de eficiencia enerxética.
  3. Posta en marcha dun conxunto de iniciativas normativas que favorezan a implantación ou substitución de sistemas de rego por outros máis eficientes.

Ligazóns de interese:

Curso de Xestor Enerxético de Comunidades de Regadores: Curso dirixido aos xestores enerxéticos de comunidades de regadores que estean traballando ou queiran traballar neste ámbito. O obxectivo xeral do curso é coñecer as técnicas de aforro e eficiencia enerxética nos sistemas colectivos de rego co fin de formar aos técnicos e aos asesores de comunidades de regadores na xestión eficiente da enerxía.

Documentos de aforro e eficiencia enerxética na agricultura

Auditorías energéticas en Comunidades de Regantes. Artículo de Angel Sánchez de Vera Quintero, Jefe Departamento Servicios y Agricultura del IDAE




PESCA

O IDAE presta apoio técnico e económico ao proxecto Peixe Verde.
O propósito final deste proxecto é que a pesca incorpore no seu desenvolvemento e xestión criterios de eficiencia enerxética como criterio básico para a súa viabilidade, para reducir as emisións contaminantes e mellorar a súa competitividade.

Auditorías energéticas en barcos de pesca

A continuación preséntanse os resultados máis destacados das auditorías enerxéticas efectuadas polo INEGA sobre barcos de pesca de portos galegos, froito das medidas estipuladas no Convenio Marco de Colaboración do Plan de acción 2008-2012 subscrito entre o IDAE e a Xunta de Galicia.
Resumo sobre o desenvolvemento da medida do Plan de Acción 2008-2012 "Mellora do aforro e a eficiencia enerxética no sector pesqueiro"
 




RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 913 14 66 73
Goberno de EspańaMinisterio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital