Inicio · Tecnologias · Eficiencia Energetica · Edificación

Edificación

Na nosa vida diaria somos usuarios de máis dun edificio: a nosa propia residencia e o lugar de traballo, para comezar, pero tamén somos usuarios doutros edificios, como os que prestan servizos docentes, sanitarios, culturais, etc. En cada un de eles consómese enerxía para satisfacer as necesidades de calefacción, refrixeración, dispoñibilidade de auga quente sanitaria, ventilación, iluminación, cocción, lavado, conservación dos alimentos, ofimática, etc. A suma deste consumo representa en España o 20% do consumo de enerxía final, unha porcentaxe que tende, ademais, a incrementarse.