Información e publicacións
O IDAE xera noticias propias da súa actividade e faise eco, ademais, doutras noticias de terceiros.
Doutra banda, o Instituto mantén unha axenda na que reflicte actos e convocatorias de interese do sector, así como a participación dos seus técnicos en xornadas e seminarios relacionados coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables.
Así mesmo, o Instituto, ademais de publicar con carácter periódico, informes, estatísticas e balances, mantén un amplo catálogo de publicacións propias en diferentes formatos, desde os convencionais ata os electrónicos e interactivos de carácter dixital.