A E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P., é un organismo adscrito ao Ministerio de Transición Ecolóxica, a través da Secretaría de Estado de Enerxía, de quen depende organicamente.
Contribuír á consecución dos obxectivos que ten adquiridos o noso país en materia de mellora da eficiencia enerxética, enerxías renovables e outras tecnoloxías baixas en carbono constitúe o marco estratéxico da súa actividade.
Neste sentido, o IDAE leva a cabo acciones de difusión e formación, asesoramento técnico, desenvolvemento de programas específicos e financiamento de proxectos de innovación tecnolóxica e carácter replicable. Así mesmo, o Instituto lidera unha intensa actividade internacional no marco de distintos programas europeos e cooperación con terceiros países.
Por outra banda, o Real Decreto-lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, amplía as funcións do IDAE para dar apoio ás tecnoloxías orientadas á descarbonización da xeración eléctrica; prestar asistencia ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital en procedementos administrativos, xudiciais ou arbitrais nos que sexa parte a Administración Xeral do Estado; e desenvolver como medio propio instrumental e servizo técnico, nos termos que prevexa o seu Estatuto, e en todo o relacionado cos seus fins e funcións, os traballos que se lle encomenden por parte da Administración Xeral do Estado así como polos seus organismos e entidades dependentes, que teñan a consideración de poder adxudicador