Proxecto de excelencia. Asistencia técnica e xestión de programas públicos

Descrición do proxecto

Deseño, construción e posta en servizo dun sistema hidroeólico para cubrir a máxima demanda eléctrica da illa con enerxías renovables.  O proxecto inclúe un parque eólico, un grupo de bombeo e unha central hidroeléctrica de tecnoloxías europeas.

O parque eólico fornece electricidade directamente á rede e, simultaneamente, alimenta un grupo de bombeo que embalsa auga nun depósito elevado como sistema de almacenamento enerxético.

A central hidroeléctrica aproveita a enerxía potencial almacenada, garantindo a subministración eléctrica e a estabilidade de rede.

Datos técnicos

Depósito superior de 380.000 m3 e depósito inferior de 150.000 m3.

Conducións: unha de turbinado de 1 m de diámetro e 2350 m de lonxitude e outra de bombeo de 0,8 m de diámetro e 3015 m

Parque eólico: 5 aeroxeradores de 2300 kW c/u, cunha potencia total de 11,5 MW.

Central hidroeléctrica: 4 grupos Pelton de 2830 kW c/u, cunha potencia total de 11,3 MW.

Central de bombeo: 6 grupos de 500 kW c/u e 2 grupos de 1,5 kW c/u, cunha potencia total de 6 MW de mando.

Datos Económicos e Enerxéticos

Investimento efectuado: 79 M€.

Produción estimada hidroeólica: 30 GWh/ano

Diminución das emisións de CO2 en 29.222 tn/ano.

Replicabilidade

A xeración de enerxía eléctrica nos sistemas insulares caracterízase pola súa dependencia do exterior e o seu illamento enerxético.

O proxecto hidroeólico da illa de El Hierro vai supor un referente mundial dentro deste esquema de aprovisionamento sustentable e autóctono de enerxía, cun alto grao de replicabilidade para outros sistemas insulares.

Central Hidro-Eólic...

Central Hidro-Eólica de El Hierro “Gorona del Viento El Hierro, S.A.” (El Hierro). Aerogeneradores del parque eólico

Central Hidro-Eólic...

Central Hidro-Eólica de El Hierro “Gorona del Viento El Hierro, S.A.” (El Hierro). Central de bombeo