Reóstato
Dispositivo utilizado para graduar a intensidade luminosa da fonte de luz. Os tradicionais de tipo mecánico non supoñen aforro de enerxía, xa que consisten nunha resistencia pola que se fai pasar a corrente disipando calor polo efecto Joule. Os do tipo electrónico ao limitar a onda de intensidade, si que implican un aforro enerxético efectivo.