Termostato
É o máis elemental dos equipos de regulación e control. É un aparato que se conecta a unha fonte de calor ou frío para impedir que a temperatura suba ou baixe da prefixada, conectando ou desconectando automaticamente a devandita fonte. Os que teñen ademais a posibilidade de programación horaria chámanse termostatos programadores.